23/01/15 - No marco do acto anunciou novidades

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A Real Academia Galega entrega os seus premios de investigación

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) entregou o pasado mércores os seus premios de investigación. En concreto, o Premio de Investigación 2014 foi outorgado ao grupo de investigación liderado por José Castillo do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) de Santiago de Compostela, organismo participado polo Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e pola USC polo seu traballo científico sobre terapias para abordar un ictus. Pola súa banda, o proxecto premiado na categoría de investigadores mozos foi o do físico de partículas da USC Yago Bea Besada.

    No transcurso do acto, o presidente da RAGC anunciou que o Día do Científico Galego, que se vén celebrando desde 2009, pasará a denominarse a partir de agora Día da Ciencia en Galicia e que ao longo de 2015 haberá seis novas incorporacións á institución. 

    Fonte e máis información: GCiencia

Pe de paxina