21/01/15 - EGI-Engage, Involucrar á Comunidade de Inv. cara Open Science Commons

O CESGA participa nun proxecto para impulsar unha nova forma de facer ciencia en Europa

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O CESGA é un dos principais socios no proxecto internacional EGI-Engage (Involucrar á Comunidade de Investigación cara a unha Open Science Commons), que contribuirá decisivamente a estruturar unha nova forma de facer ciencia en Europa. A Comisión Europea financia a iniciativa de creación dunha infraestrutura mancomunada de ciencia aberta con 8 millóns de euros. O Centro de Supercomputación de Galicia, achega coñecemento, servizos centrais e recursos computacionais a esta infraestrutura mundial.

    Fonte e máis información: CESGA

Pe de paxina