08/01/15 - O grupo de José Castillo e o investigador Iago Bea foron os seleccionados

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A Real Academia de Ciencias concede os seus premios de investigación

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) acaba de conceder o seu Premio de Investigación 2014 a un traballo que demostra que a terapia con células nai permite a recuperación eficaz e en menos tempo logo dun ictus e do que son responsables o catedrático da USC José Castillo, Tomás Sobrino e Francisco Campos, todos eles membros do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).
     
    Ademais, a Academia recoñece na categoría de novos investigadores ao físico de partículas da USC Iago Bea Besada, que co seu traballo dá un paso máis nun dos desenvolvementos máis notables da física teórica dos últimos anos, relacionado coa teoría de cordas, que permite reunir nun mesmo marco a teoría da relatividade xeral de Einstein –que explica o ámbito do máis grande (desde planetas a galaxias)– e a teoría cuántica de campos –que dá conta do máis diminuto (máis aló do interior dos átomos)–.


Pe de paxina