07/01/15 - Os socios galegos do proxecto foron CESGA e USC

O proxecto europeo ICT-Go-Girls insta a achegar as mozas ás TIC dende secundaria

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O proxecto ICT-Go-Girls, que rematou o pasado mes de outubro, está cofinanciado pola Comisión Europea e nel participan investigadores de cinco países. O seu obxectivo era animar ás alumnas e alumnos a adquirir habilidades emprendedoras e interese polas carreiras e empregos relacionados coas novas tecnoloxías. Os socios galegos do proxecto eran a área de e-learning do CESGA e a USC.

    Os resultados do proxecto poden ser consultados na guía práctica Manual para Centros Educativos. Promovendo o espírito emprendedor a través das TIC, que resume as actividades, achados, barreiras e recomendacións para mellorar o número de mulleres traballando no sector do TIC desde a Educación Secundaria. 

    Fonte: Código Cero

Pe de paxina