17/12/14 - No marco do proxecto Galiat 6+7

O CSIC demostra as propiedades saudables de verzas e grelos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Segundo unha investigación que realiza o CSIC, a través do Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas da MBG, e A Rosaleira sobre grelos e verzas, estes presentan propiedades saudables polo elevado contido en vitaminas, antioxidantes e compostos exclusivos destas variedades de brásicas.
    O estudo determina que tanto en grelos como en verzas é moi elevada a concentración de compostos anticarcinoxénicos, os glucosinolatos e os seus derivados, os isitiocianatos, posto que son exclusivos desta familia de plantas e son os responsables de propiedades antioxidantes e da prevención de determinados tipos de cancro.
    Os resultados desta liña de investigación sobre a influencia dos diferentes métodos de procesado na composición nutricional indican que o contido de vitaminas e, en concreto, da vitamina C, é maior en verzas que en grelos baixo calquera tipo de procesado, en tanto que a concentración dos minerais fundamentais para o organismo como o ferro e o calcio é superior nos grelos. Tamén se conclúe que as propiedades antioxidantes preséntanse en grelos e verzas tanto no proceso de enlatado como no envasado en cristal. 

    Fonte: Delegación do CSIC en Galicia

Pe de paxina