16/12/14 - Participan no programa de Estimulo do Talento Matemático (ESTALMAT)

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Un equipo de mozos galegos gaña o certame nacional "Matemáticas ao sprint"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Cinco estudantes galegos de 12 e 13 anos -Antón Mazaira (Burela), Adrián Núñez (Vilanova de Arousa), María Ramallo (Boiro), Hugo Silvanes (Pontevedra) e Pablo Stutt (Ordes)- foron este sábado pasado os máis rápidos de toda España resolvendo problemas matemáticos no certame ‘Matemáticas ao esprint’ que organiza o Programa de Estimulo do Talento Matemático (ESTALMAT).
       
    Na actividade, que se desenvolveu en paralelo en toda España, o equipo gañador competiu con outros grupos de primeiro ano de ESTALMAT de Andalucía, Madrid, Cantabria, Comunidade Valenciana, Cataluña, Castela A Mancha e Canarias. Do segundo curso de ESTALMAT interviron 45 equipos en total e tamén a actuación galega foi notable, quedando os grupos na metade superior da táboa.

    Fonte: Xornal da USC

Pe de paxina