12/12/14 - A axuda está dotada con 96.800 euros

O Ministerio financia un proxecto de Divulgare sobre adaptación de especies en ambientes fráxiles

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A partir da identificación dun grupo de orquídeas das illas do Caribe cunhas características únicas, o grupo Divulgare da Universidade de Vigo, dirixido por Luis Navarro plantexou esta investigación que permitirá coñecer como evolucionan as adaptacións das especies a ambientes fráxiles e con recursos limitados como soen ser as illas. Para afondar neste tema, o grupo de Navarro acaba de conseguir financiamento na última convocatoria de proxectos de excelencia do Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia. A axuda concedida ascende a 96.800 euros para dous anos de execución.

    Fonte: DUVI

Pe de paxina