17/11/14 - Hoxe ás 11.30h no Colexio de Fonseca

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Presentan a Serie Científica da Biblioteca de Divulgación da USC

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  •  

    Hoxe presentarán na sala de prensa do Colexio de Fonseca ás 11.30h a nova liña editorial da Universidade de Santiago de Compostela centrada na divulgación científica. O primeiro título desta serie, cuxo obxectivo é achegar temas de actualidade científica tratados por especialistas da universidade compostelá de xeito ameno e accesible, será Antimateria, magia y poesía  do profesor de Física Teórica José Edelstein.

    Na rolda de prensa de presentación participarán os co directores da colección, Jorge Mira e Francisco Díaz-Fierros, xunto a quen tamén estarán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez; un dos autores do libro, o profesor de Física Teórica José Edelstein; e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés.

    Segundo informa o gabinete de comunicación da USC, a Serie Científica é unha iniciativa que busca poñer a masa crítica da USC ao servizo da sociedade e o gran público a través da súa capacidade divulgadora sobre cuestións científicas, abordándoas cunha linguaxe clara, directa e accesible.

    Fonte: USC
Pe de paxina