14/11/14 - É a segunda muller en ingresar nesta institución

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

María José Alonso ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O pasado mércores, 12 de novembro, ingresou na Real Academia Galega de Ciencias a profesora María José Alonso Fernández cun discurso centrado na natureza como fonde de inspiración no deseño de nanomedicamentos. Trátase da segunda muller en entrar a formar parte desta institución.

    María José Alonso é catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC (1986).  Formóuse na USC, na Universidade de París Sur (1987), na Universidade de Angers (1989) e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) (1991-92). Desde 1992 lidera un laboratorio de investigación pioneiro en España no ámbito da nanomedicina, entre outros méritos.

     

    Recibiu numerosos recoñecementos, entre eles o premio “Jaime I” de novas tecnoloxías, o “Maurice Marie Janot” da Sociedade Internacional de Tecnoloxía Farmacéutica e o premio  Mª Josefa Wonenburger da Xunta de Galicia . E académica da Real Academia Nacional de Farmacia e da Academia de Farmacia de Galicia.

    Fonte: RAGC

Pe de paxina