10/11/14 - Nel falará sobre as súas investigacións

Un investigador da USC representará a España na Falling Walls Conference

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O investigador predoutoral do CIQUS Manuel Gómez, do grupo do profesor Massimo Lazzari, participará na Falling Walls Conference, un encontro internacional que comeza mañá en Berlín para conmemorar a caída do Muro, co obxectivo de discutir e compartir as ideas que favorecerán o avance social, económico e humano a través da ciencia.

    Manuel Gómez converterase mañá no primeiro membro dunha universidade ou centro de investigación nacional que participa nesta conferencia, na que falará do proceso de nanofabricación con polímeros e o seu traballo con substratos SERS, publicado recentemente na portada da prestixiosa revista científica Materials Today.

    Fonte: CIQUS

Pe de paxina