10/11/14 - Revalida o éxito da primeira cinta

Un documental vigués sobre pesca sostible gaña o premio de cine submarino de San Sebastián

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O documental O Mar da Fin do Mundo II: Marcados para sobrevivir, de José Irrisarri, acadou esta fin de semana a Barandilla de Ouro á mellor longametraxe no Ciclo Internacional de Cinema Submarino de San Sebastián, galardón que xa obtivera coa primeira parte da serie. O seu obxectivo é divulgar o traballo que realizan os científicos para ampliar o coñecemento sobre o comportamento e o hábitat de especies de interese para a pesca galega e para poder establecer despois normas de explotación máis racionais en aras da sustentabilidade. O certame é o máis importante de España na materia.

    Fonte e máis información: Faro de Vigo

Pe de paxina