31/10/14 - Segundo o informe Los públicos de la ciencia

17 millóns de españois amosan interese por temas científicos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Un equipo do Grupo de Estudos Avanzados de Comunicación da Universidade Rey Juan Carlos levou a cabo un estudo sobre o interese dos españois pola ciencia e o consumo de información científica.

    O informe Los públicos de la ciencia, dirixido polo profesor da URJC Luís Pablo Francescutti e editado pola Fundación Dr. Antoni Esteve, destaca que 17 millóns de españois manifestan interese e curiosidade pola actividade científica e tecnolóxica. Con todo, o número redúcese a case un terzo cando se traduce en cidadáns que visitan museos científicos, exposicións, parques tecnolóxicos, eventos relacionados coa investigación e a innovación, xornadas científicas, etc.

    Os resultados deste informe sobre os públicos da ciencia desmenten aos máis catastrofistas pero confirman tamén o importante desaxuste entre os case 17 millóns de españois que manifestaban o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía na enquisa de percepción social da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) de 2010 e os 5 ou 6 millóns que aproximadamente consomen este tipo de información de maneira habitual.

    Completa información e fonte: SINC

Pe de paxina