14/10/14 - O vídeo dos expertos do IRB de Barcelona está colgado en YouTube

Científicos bailan para conseguir financiamento

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Instituto de Investigación Biomédica (IRB Barcelona), centro da Generalitat de Catalunya con selo de Excelencia Severo Ochoa desde 2011, lanzou este luns en YouTube un vídeo musical protagonizado por científicos do centro dentro dunha campaña de micromecenado destinada a un público amplo para explicar os retos científicos e a razón de ser do IRB cunha linguaxe non tradicional, transcendendo os circuítos científicos e institucionais nos que se adoitan mover os centros de investigación.

    Cada clic ou visionado en YouTube, o centro recibe unha doazón para a súa investigación, doazón sufragada por dous patrocinadores principais, a entidade financeira Banco Sabadell e a empresa farmacéutica Sanofi, esta última comprometendo os seus fondos aos estudos sobre diabetes que se desenvolven no centro.

    En paralelo, dispuxéronse outras dúas modalidades de colaboración. A primeira vía SMS enviando IRBBARCELONA ao 28014 a través da cal o centro recibirá unha doazón íntegra de 1,20 euros destinada a investigación. A segunda vía é a través da páxina web do IRB Barcelona, cun dispositivo sinxelo preparado para facilitar doazóns puntuais e regulares.

    A campaña de comunicación concentrarase especialmente en redes sociais a través das canles do IRB Barcelona en YouTube, en Twitter co hashtag #IRBdances, en Facebook e en LinkedIN.

    Fonte: Axencia SINC

Pe de paxina