09/10/14 - A infraestrutura estratéxica europea nesta área

A ECIMAT incorpórase ao Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Ministerio de Economía e Competitividade vén de asinar o memorando de entendemento que posibilita que a Ecimat e tamén a Estación Mariña de Plentzia da Universidad do País Vasco, PiE-UPV, se constitúan como representantes españois no Centro Europeo de Recursos Biolóxicos Mariños (EMBRC), a infraestrutura estratéxica europea nesta área. Trátase da segunda incorporación galega a unha infraestrutura deste tipo, despois da participación directa do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS, no EATRIS, European Infrastructure for transnational medicine. Esta alianza facilitarálle aos investigadores do centro o acceso a fondos europeos, así como acceder a infraestruturas de investigación mariña noutros países, ao tempo que abre as portas da Ecimat para que persoal investigador e técnico chegado doutros puntos de Europa poda traballar en Toralla.

    Información completa e fonte: DUVI

Pe de paxina