09/10/14 - No seu primeiro ano de vida

A web www.biodiversidade.eu rexistra máis de 2.600 observacións de 262 especies vexetais e animais

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A plataforma www.biodiversidade.eu, promovida por un grupo de investigación do Departamento de Botánica, reuniu máis de 2.600 observacións de 262 especies vexetais e animais co obxectivo de desenvolver unha base de datos e crear unha comunidade de usuarios arredor da protección da biodiversidade galego-portuguesa.
    Esta plataforma está concibida como un espazo colaborativo aberto ao público interesado que, co apoio nas redes sociais (Biodiversidade Gz-Pt en Facebook e @biodiv-gnp) inicia agora unha nova etapa na que o proxecto pula por chegar ao maior número posible de persoas e así contribuír, de xeito colectivo, á conservación da flora e fauna ameazada de Galicia e Norte de Portugal.
    Así, este espazo web estará aberto a novas compartidas, á publicación de eventos relacionados co medio ambiente, difusión de roteiros, denuncia de ameazas ou á consulta de unidades didácticas.
     
    Biodiversidade é o resultado do proxecto Biodiv_GNP, financiado con fondos FEDER do programa de cooperación transfronteiriza POCTEP. 

     
Pe de paxina