06/10/14 - Foi presentada o pasado 3 de outubro na Facultade de Bioloxía de Vigo

Nace en Vigo a revista Emys sobre biodiversidade

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O pasado venres, 3 de outubro, presentouse na Facultade de Bioloxía de Vigo a revista Emys, unha publicación que dará acubillo a traballos de investigación centrados na biodiversidade galega.  Dirixida e coordinada polo escritor e naturalista Estanislao Fernández de la Cigoña, presidente da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e o naturalista José Antonio Rey Piñeiro, presidente da Asociación Galega para a Conservación de Biodiversidade, terá carácter anual. Os seus promotores agardan que esta nova revista sexa tamén unha ferramenta para dar a coñecer os traballos feitos tanto por docentes como polo alumnado das titulacións científicas da Universidade de Vigo.

    Emys toma o seu nome do galápago europeo (Emys orbicularis), unha especie en perigo de extinción. Os seus promotores destacan a importancia da divulgación e da concienciación da sociedade sobre os riscos para a biodiversidade, por iso non optaron por unha revista puramente científica, senón que deixa un oco á divulgación, á transmisión do coñecemento.

    Fonte: DUVI

Pe de paxina