30/09/14 - A prol da difusión social da ciencia

A Real Academia Galega de Ciencias e o CPEIG asinan un acordo de colaboración

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, asinaron o pasado día 25 de setembro en Santiago de Compostela o acordo marco de colaboración entre as dúas entidades para potenciar a difusión da ciencia en Galicia e favorecer o seu achegamento ao sistema produtivo galego.

    O CPEIG comprométese a colaborar coa RAGC na difusión social da ciencia, especialmente naquelas actuacións tendentes a aproximar o coñecemento ao sector produtivo. Pola súa banda, a RAGC porá ao servizo do CPEIG o seu coñecemento no eido científico-técnico. Ademais, as dúas entidades poderán acordar concorrer conxuntamente a convocatorias de financiamento público.

    O texto rubricado fixa que a RAGC lle concederá ao CPEIG a condición de entidade colaboradora, que se fará constar explicitamente na súa páxina web, así como nos programas e carteis anunciadores das actividades nas que participen ambas entidades.

    Fonte: CPEIG

     

Pe de paxina