26/09/14 - Pola revista MIT Technology Review

O investigador Héctor Gómez, seleccionado entre os 10 mellores innovadores españois xoves

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Héctor Gómez, profesor de Matemáticas Aplicadas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, foi seleccionado pola revista MIT Technology Review, a publicación do Instituto Tecnolóxico de Massachusets (MIT), como un dos dez innovadores menores de 35 anos do ano 2014. O galardón, que celebra este ano a súa cuarta edición, distingue aos dez tecnólogos españois máis brillantes, nun coidado proceso de selección no que participan como xuíces recoñecidos expertos en diversas materias. Esta edición premiou avances en xenómica, microrrobótica, biomedicina, big data, almacenamento de CO2, novos materiais, neuroimaxe e aplicacións educativas, entre outros campos. Son seis homes e catro mulleres, con idades entre os 28 e os 34 anos, os que MIT Technology Review en español quixo recoñecer “pola súa ousadía e o seu enxeño”. Héctor Gómez, de 34 anos, crea métodos computacionais que poden predicir como evolucionará o cancro de próstata en cada doente.

    Fonte: UDC

     

Pe de paxina