25/09/14 - Que terá lugar mañá venres 26 de setembro en Ámsterdam

As alumnas premiadas no concurso Kiics da Domus chegan á final europea

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • As autoras do deseño premiado na Domus, no proxecto europeo KiiCS do que forman parte os Museos Científicos da Coruña, Alba Fernández González e Uxía García Vázquez propuxéronse crear un tipo de respaldo intelixente que puidese avisar ao usuario mediante un sinal luminoso se a súa postura era ou non a correcta. Para a súa construción desenvolveron un circuíto eléctrico e tiveron en conta a curvatura media ou normal da rexión lumbar das costas.

    Agora o seu traballo foi seleccionado para participar, xunto a outros 14 gañadores de diferentes lugares de Europa, na final do concurso, que se celebrará o venres 26 de setembro en Amsterdam.

    Os "Premios KiiCS-I de arte, ciencia e tecnoloxía" foron convocados en decembro pasado polo Concello da Coruña, a través dos Museos Científicos Coruñeses, e coa colaboración de educaBarrié-Fundación Barrié. Dirixido a alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos en Galicia, invitaba a presentar ideas e traballo que se distinguisen pola súa orixinalidade e innovación.

    KiiCS é un proxecto financiado pola Comisión Europea e o Sétimo Programa Marco.

    Fonte: MC2

Pe de paxina