25/09/14 - É a primeira persoa española que recibe este premio

A galega María Oliveira recibe o premio Chambers da Asociación Americana de Estatística

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A doutora en Estatística pola Universidade de Santiago de Compostela María Oliveira Pérez recibiu o premio John Chambers Statistical Software na súa edición de 2014, un galardón co que a American Statistical Association recoñece o deseño e desenvolvemento de programas estatísticos novidosos que faciliten a análise, visualización e manipulación de datos. Oliveira convértese así na primeira persoa española que recibe este galardón, dotado cun premio en metálico de 1.000 dólares.
     
    María Oliveira elaborou un paquete para R que permite a análise non paramétrica de datos circulares: NPCirc. Nesta libraría incluíanse os métodos deseñados durante a súa tese de doutoramento, defendida en novembro de 2013 baixo a dirección de Alberto Rodríguez Casal e Rosa María Crujeiras Casais, do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Matemáticas. Actualmente, María Oliveira é investigadora posdoutoral na Durham University (Reino Unido).

     

Pe de paxina