06/05/13 - Incorpora importantes novidades

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A revista Nova Acta Científica Compostelana (NACC) estrea nova andaina dixital

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Xornal da USC / 6 de maio de 2013

    A revista NACC , refundación de Acta Científica Compostelana editada dende 1964, estrea unha nova etapa no portal dixital de revistas da universidade compostelá Rev{USC} baixo a codirección dos profesores Mª Jesús Aira e Marcos González e cun novo deseño.
     
    A revista publica traballos de investigación sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía e tamén traballos de divulgación non forzosamente limitados a estes eidos, senón referidos a outras especialidades científicas, preferentemente relacionadas co ámbito da bioloxía.
     
    O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, salienta como importante novidade que a revista non se edita como un todo senón que vai publicando os traballos unha vez revisados e aprobados polos avaliadores externos, dando así resposta á necesidade de inmediatez na comunicación do coñecemento científico.
Pe de paxina