Que é a Semana da Ciencia 2016?

  •  

A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Durante os días de celebración, todo tipo de entidades públicas e privadas están chamadas a abrir as súas portas e organizar actividades coas que se pretende amosar aos cidadáns, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes nas súas vidas cotiás, desde os elementos máis simples aos máis sofisticados. O obxectivo da Semana da Ciencia é azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo posible.

 

Cando se celebra?
No mes de novembro.

 

Quen pode participar na Semana da Ciencia?
Na Semana da Ciencia pódese participar de dous xeitos:
- Asistindo ás actividades que se organizan. Nesta web iredes tendo información das actividades.
- Organizando actividades. Aínda que as entidades científicas e tecnolóxicas xogan un papel fundamental na Semana da Ciencia, este evento está aberto á participación de todo tipo de entidades co obxectivo precisamente de que amosen á sociedade como a ciencia, a tecnoloxía ou a I+D+i están presentes en todo o que nos rodea: desde un hospital ou unha empresa até un parque eólico ou un medio de comunicación. Polo tanto, están chamadas a organizar actividades todas as entidades, públicas e privadas, e persoas que o así o desexen: pequenas, medianas e grandes empresas, asociacións empresariais, grupos e organismos de investigación, centros e plataformas tecnolóxicas, concellos, centros educativos, asociacións veciņais, museos, hospitais, facultades, universidades, colexios profesionais, etc.

Pe de paxina