31/03/17

Novo libro de divulgación do CSIC "La microbiota intestinal"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Cunha linguaxe sinxela, Carmen Peláez e Teresa Requena, do Instituto de Investigación en Ciencias da Alimentación do CSIC, explican na súa obra La microbiota intestinal (CSIC-Catarata) como a perda de diversidade das bacterias que poboan o instestino (a microbiota) se relaciona con enfermidades como a obesidade, as inflamacións intestinais e mesmo os trastornos neurolóxicos. Aínda que as investigacións neste campo aínda non son concluíntes, os fallos e desequilibrios na microbiota poderían incidir na función cerebral, no comportamento e mesmo ter relación co autismo, a enfermidade de Alzheimer, a depresión ou a ansiedade crónica. Máis información: http://www.csic.es/
Pe de paxina