09/02/17

O proxector esférico dixital do Aquarium presenta dous novos audiovisuais

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae conta coa OceanoSfera, un espazo que acolle un proxector esférico dixital de alta definición que fai posible un espectáculo único: observar a Terra como se ve desde o espazo. Nesta pantalla esférica móstranse simulacións de fenómenos mariños, atmosféricos e oceanográficos a escala global, realizados con datos e imaxes de axencias internacionais de investigación oceanográfica. Desde esta semana, a OceanoSfera exhibe dous novos audiovisuais, LOOP e Mr. Goodfish, que se suman aos dous que xa había, Blue Planet e Frozen. O público poderá ver estas dúas novidades en galego, castelán ou inglés.
Pe de paxina