30/01/17

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Let´s go to Mars, videoxogo gratuíto de exploración marciana

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Instituto de Astrofísica de Andalucía vén de lanzar o xogo Let´s go to Mars, un videoxogo de aventuras sobre exploración marciana que xa está dispoñible con descarga gratuíta para teléfonos e tablets Android e IOS, e na súa versión para PC. A nova aplicación é unha iniciativa do proxecto UPWARDS (Understanding Planet Mars With Advanced Remote-sensing Datasets and Synergistic Studies) que foi coordinada polo Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA) do CSIC e desenvolvida pola súa Área de Cultura Científica. Así mesmo, contou coa colaboración das empresas Wild Sphere e Laniakea Management & Communication, e con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade. http://www.upwards-mars.eu/letsgomars
Pe de paxina