24/01/17

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

II concurso La mar de ciencia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • "Océanos sans, planeta san" é a lema do concurso "La mar de ciencia", dirixido a estudantes de primaria e secundaria de todas as comunidades autónomas, co obxectivo de transmitir á sociedade a importancia de coidar os ecosistemas mariños e o papel da ciencia na súa conservación. A través de debuxos, vídeos ou relatos sobre as ciencias mariñas e o estado de mares e océanos, os participantes poden formar parte desta iniciativa presentando as súas propostas até o próximo 10 de marzo na web do concurso: www.lamardeciencia.es. Ademais, poderán empregar o castelán, o catalán, o eúscaro, o galego ou o inglés para transmitir as súas reflexións e coñecementos.
Pe de paxina