21/12/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación do Campus da Auga

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Campus da Auga da Universidade de Vigo e a empresa Viaqua convocan estes premios dotados con 3600 euros. Poderán optar persoal docente e investigador e alumnado da UVIGO. Teñen seis modalidades: Premio ao traballo fin de grao/traballo fin de mestrado máis destacado, dotado con 300 euros; Premio de investigación a teses de doutoramento, dotado con 500 euros; Premio de investigación á mellor contribución científica, dotado con 700 euros; Premio ao mellor resultado de transferencia, dotado con 700 euros; Premio de innovación educativa relacionada con estudos de grao ou posgrao, dotado con 700 euros, e Premio a accións ou actividades de divulgación científica, dotado con 700 euros. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2017. Máis info: http://bit.ly/2hSMtJ7
Pe de paxina