09/12/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

II concurso de relatos ilustrados da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC organiza este Nadal por segundo ano consecutivo o seu concurso de relatos curtos ilustrados, nesta ocasión sobre os legumes por ser este 2016 o Ano Internacional dos Legumes. Poderán presentarse os traballos entre o 1 de decembro do 2016 ata o 10 de xaneiro do 2017, tanto na recepción do Museo de Historia Natural da USC (Parque Vista Alegre s/n, 15782 Santiago de Compostela) como por correo electrónico no enderezo comunicacion.museohistorianatural@usc.es, facendo constar en asunto II Concurso de Nadal AAMHN. Máis información: http://revistas.usc.es/museohn/today/obradoiros/obradoiros002.html
Pe de paxina