07/12/16

O Planetario estrea un documental sobre contaminación lumínica

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • “A perda da escuridade”, producido pola International Dark-Sky Association e Loch Ness Productions, aborda as causas e consecuencias da contaminación lumínica e inclúe espectaculares visións do noso planeta tomadas dende o espazo. A versión en galego conta coa voz de Belén Regueira e vai acompañada dunha sesión en directo onde o público poderá comprobar os efectos da contaminación lumínica sobre os ceos que podemos ver nestas datas dende Galicia. Proxectaráse a partir do 3 de decembro sábados, domingos e festivos ás 13 horas (en versión castelán) e ás 18 horas (en versión galego).
Pe de paxina