23/11/16

O Campus Industrial de Ferrol convoca un concurso de robots para institutos

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Durante este mes de novembro estase a desenvolver a primeira edición do concurso de robots do Campus Industrial de Ferrol. O seu obxectivo é estimular a creatividade, o traballo en equipo e achegar ao mundo da enxeñaría e a tecnoloxía aos estudantes de último ano dos Institutos de Ensino Secundario galegos a través da construción e programación dun robot para posteriormente superar unha serie de obstáculos proxectados nunha “xincana”. Entre os días 22 e 28 de novembro, comezará a fase de concurso, onde os alumnos presentarán nas redes sociais os seus proxectos a través dun pequeno vídeo, explicando a utilidade que lle queren dar ao robot e facendo unha pequena demostración do mesmo. O público pode participar poñendo "likes" aos vídeos. Máis info: http://mecanociferrol.es/concurso-mecano
Pe de paxina