22/11/16

Obradoiro "Comunicar ciencia na radio"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O programa Efervesciencia que se emite na Radio Galega e producido pola USC organiza unha nova edición do obradoiro para investigadores, tecnólogos, divulgadores,... titulado "Comunicar ciencia na radio". O obradoiro terá lugar nos estudios da radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o venres 2 de decembro pola tarde. As prazas son moi limitadas, a inscrición pode facerse neste formulario (goo.gl/a4YKD0). O obradoiro "Comunicar ciencia na radio" enmárcase dentro do proxecto "Efervesciencia 14-15" financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Economía y Competitividad.
Pe de paxina