21/11/16

Novas sesións da actividade infantil Merendas no Aquarium

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O luns 21 de novembro ábrese o prazo de preinscrición para as novas sesións desta actividade que se celebrarán no mes de decembro de 2016, cun total de 120 prazas. Pensadas para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos, que realizarán unha actividade e despois merendarán chocolate con churros, as Merendas no Aquarium terán lugar sábados e domingos ás 16.45 horas. Os nenos e nenas de maior idade participarán nun xogo de pasa palabra do mar, mentres que para o grupo de menor idade haberá un taller de construcción dunha figura móvil con forma de peixe. Para participar nas Merendas hai que preinscribirse a través dun formulario electrónico dispoñible na dirección web http://goo.gl/forms/vkSfCFBv57 Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 10:00 e as 13:00 horas do 21.
Pe de paxina