07/11/16

Entrada gratis aos Museos Científicos Coruñeses durante a Semana da Ciencia

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 7 ao domingo 13 de novembro, sete días de portas abertas con motivo da Semana Internacional da Ciencia. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, ofrecendo á cidadanía a ocasión de visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia coruñeses.
Pe de paxina