03/11/16

V televisión emite a miniserie "De mayor quiero ser... científica"

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • O vindeiro 7 de novembro, coincidindo coa Semana da Ciencia, comezará a emitirse en V Televisión "De mayor quiero ser... científica", unha miniserie educativa de curtas audiovisuais que presentará perfís de profesionais biomédicas a partir de diferentes áreas da Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e as Matemáticas desde o próximo e cotián. A iniciativa forma parte do proxecto de divulgación científica "Científicas en Biomedicina- unha carreira de fondo", coordinado pola investigadora Joana Magalhães, do Grupo de Reumatoloxía do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), financiado por FECYT, e co apoio da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Pe de paxina