27/10/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Mañá abre o prazo de inscrición en "Aventura coas focas"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Aquarium Finisterrae organiza as fins de semana de novembro (sábados e domingos ás 11h) a actividade “Aventura coas focas”, unha experiencia na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida das focas e na súa alimentación. Está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deberán asistir cunha persoa adulta. Para participar hai que preinscribirse previamente a partir do venres 28 de outubro, a través dun formulario online. As persoas inscritas deberán abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional. Máis info: http://prensa.mc2coruna.org/2016/10/el-viernes-28-de-octubre-comienza-el.html#gl
Pe de paxina