13/10/16

Obradoiro sobre cultura de seguridade nuclear e xornalismo en Munich

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • No marco da EUROSAFE Conference, que se celebrará en Munich os días 7 e 8 de novembro,desenvolverase un obradoiro sobre cultura de seguridade nuclear e xornalismo. A European Nuclear Education Network (ENEN) convida a xornalistas europeos interesados na enerxía e seguridade nuclear a asistir. Os xornalistas interesados en participar deben contactar con Anne-Marie Legault, xerente de Proxectos da Federación Mundial de Xornalistas Científicos (WFSJ), amlegault@wfsj.org, e enviarlle unha breve carta expresando o seu interese (menos de 2 parágrafos e CV) antes do 15 de outubro. Máis información: https://www.eurosafe-forum.org/home#News
Pe de paxina