07/10/16

Novo libro de divulgación do CSIC sobre neuromatemáticas

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • José Mª Almira e Moisés Aguilar-Domingom son os autores de "Neuromatemáticas. El lenguaje eléctrico del cerebro" na colección de divulgación "Que sabemos de?" (CSIC-Catarata). Nel, os autores, dedicados ás matemáticas e á neurociencia respectivamente, explican como a actividade eléctrica deste sofisticado órgano pode recollerse mediante o uso de eléctrodos repartidos homoxéneamente desde a superficie exterior do cranio. Como resultado deste rexistro obtéñense os chamados electroencefalogramas (EEG). Estes á súa vez dan lugar ao cálculo de certos neuromarcadores que nos informan sobre a reacción do cerebro a todo tipo de estímulos. O EEG é fundamental para o estudo dos procesos neurocognitivos. Máis información: http://www.csic.es/web/guest/en-portada
Pe de paxina