07/10/16

Cine e paisaxe no Real Xardín Botánico de Madrid

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • "Cinema no Xardín" é un ciclo sobre paisaxe e xardíns que chega á súa terceira edición e se converteu nunha cita divulgativa e de entretemento de referencia para un amplo público. As proxeccións lévanse a cabo no salón de actos do Botánico de Madrid os mércores de outubro, excepto o festivo día 12, ás 19:00 horas e están precedidas dun percorrido polo outonal xardín (ás 18:00 horas desde a Praza de Murillo) e unha presentación de cada película (a partir das 18:30 horas). O 19 proxectarase Lobos sucios (2006), de Felipe Rodríguez Lameiro, e 26 será a quenda da El olivo (2016), Icíar Bollaín. A entrada é libre até completar o aforo.
Pe de paxina