04/10/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O Día da Ciencia en Galego homenaxea ao químico Ignacio Ribas

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Academia Galega das Ciencias conmemora este sábado o Día da Ciencia en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Benito Xerónimo Feijoo. Este ano o homenaxeado será o químico Ignacio Ribas, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento. Para celebrar a efeméride, a RAGC organiza un acto académico aberto ao público este sábado 8, ás 12 horas, na Facultade de Química da USC. Nel, o catedrático Luis Castedo Expósito ofrecerá unha conferencia sobre a figura de Ignacio Ribas e o xornalista Raúl Romar recibirá o Premio Galicia de Xornalismo Científico. Ademais do acto, están programadas outras actividades para as vindeiras semanas, entre as que se inclúe a difusión dun vídeo divulgativo sobre Ignacio Ribas, unha conferencia parara os estudantes de Química, etc.
Pe de paxina