28/09/16

Noite europea dos investigadores 2016 no MUNCYT

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Noite Europea dos Investigadores celébrase anualmente en toda Europa este venres 30 de setembro. Nesta ocasión terán lugar eventos de divulgación científica simultaneamente en 300 cidades de 24 países, con actividades gratuítas nas que os investigadores achegan á cidadanía dunha forma lúdica o seu traballo, os beneficios que achegan á sociedade e a súa repercusión na vida cotiá. O MUNCYT da Coruña súmase a esta celebración compartindo un exemplo de dedicación á investigación, á ciencia e a cultura en España: Leonardo Torres Quevedo, a través dunha conferencia de Francisco A. González Redondo, ás 19.30h no salón de actos do MUNCYT.
Pe de paxina