12/09/16

Festival "Passion for Knowledge" en Donostia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O festival Passion for Knowledge 2016 terá lugar principalmente en San Sebastián entre o 27 de setembro e o 1 de outubro de 2016, coincidindo coa celebración da Capital Europea da Cultura 2016. A proposta inclúe: Conferencias Plenarias a cargo de destacados investigadores de talla mundial, incluídos varios Premios Nobel; unha Mesa Redonda cuxo tema central será a creatividade; unha innovadora posta en escena para mostrar o proceso creativo dos Bertsolaris; ou as xa coñecidas sesións de Naukas. Así mesmo, haberá unha Exposición Fotográfica no Aquarium. Ademais, o día da inauguración do festival preséntase Breaking Boundaries, un espectáculo de danza, escultura, son e imaxes que mistura ciencia e arte. Inscricións en: http://p4k.dipc.org/
Pe de paxina