29/08/16

Bolsas para asistir ao congreso da European Cancer Organisation 2017

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Escola Europea de Oncoloxía (ESO nas súas siglas en inglés) en colaboración coa Organización Europea do Cancro (ECCO) ofrecen bolsas para que doce xornalistas de saúde asistan ao European Cancer Congress (ECCO2017) que se celebrará en Ámsterdam do 27 ao 30 de xaneiro de 2017. O tema do congreso é “Da evidencia á práctica nos coidados multidisciplinares do cancro”. As persoas interesadas deben completar un formulario e devolvelo xunto a unha copia do carnet de prensa e o CV até o 11 de novembro de 2016. Toda a información en: http://cancerworld.net/media/training-events/
Pe de paxina