29/08/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Curso da UIMP "Diálogos entre ciencia e sociedade"

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Os vindeiros 5, 6 e 7 de setembro celebrarase o curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) "Diálogos entre ciencia y sociedad: la cultura científica en las instituciones públicas de investigación", organizado polo CSIC. Nel, expertos, coñecidos divulgadores e responsables de diferentes institucións públicas debaterán arredor dos principais retos en divulgación científica. Tamén se exporán exemplos de boas prácticas. O encontro está dirixido a un público interesado na comunicación social da ciencia, desde universitarios, xornalistas e persoal investigador, até xestores de organizacións públicas e privadas relacionadas coa I+D+i, que desexen mellorar as prácticas de divulgación das súas institucións. Máis información: http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=6347&anyac
Pe de paxina