21/07/16

Ábrese a inscrición para a Maker Faire Galicia

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Maker Faire Galicia 2016 vén de abrir o prazo de inscrición. As persoas interesadas en realizar obradoiros, espectáculos ou outras actividades Maker poden anotarse xa para a feira, que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia entre os días 1 e 2 de outubro. Unha maker faire é unha feira de inventores, dirixida a todos os públicos. Nela presentaranse proxectos, compartirase coñecemento e permitirá establecer contactos profesionais. Máis información e inscricións: http://galicia.makerfaire.com/
Pe de paxina