18/07/16

O Acelerador de Transferencia da USC ten aberto o prazo de inscrición

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • o Acelerador de Transferencia da USC mantén aberto até o 9 de setembro o prazo para presentar propostas. Promovido pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE), o obxectivo do Acelerador é avanzar no proceso de maduración de resultados de investigación, facilitando a súa transferencia ao entorno social e económico seguindo a práctica doutros referentes nacionais e internacionais. É un programa aberto aos Grupos de Investigación de todas as áreas de coñecemento que teñan identificado algún resultado de investigación con potencial de transferencia. Máis información: http://www.usc.es/gl/investigacion/avte/investigadores/valorizacion.html
Pe de paxina