12/07/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

I Premio Galicia de Xornalismo Científico

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración da Axencia Galega de Innovación, vén de convocar o I Premio Galicia de Xornalismo Científico. A proposta debe consistir nunha peza xornalística de carácter informativo en formato escrito ou audiovisual publicada ou emitida entre o 1 de xullo de 2015 e o 30 de xuño de2016 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal). Debe responder aos xéneros da noticia, a crónica ou a reportaxe e o tema principal debe estar relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia. O premio está dotado con 4000€ netos e a convocatoria estará aberta até o 5 de setembro as 13 horas.
Pe de paxina