11/07/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

PolinizAPP, xogo de simulación do CSIC para entender o proceso de polinización das flores

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Concibido para usuarios a partir dos 9 anos, este xogo-simulación gratuíto convida ao usuario a entender o proceso de polinización das flores na natureza en catro escenarios diferentes: o campo mediterráneo, a montaña, un campo de cultivos e a cidade. PolinizAPP ten formato de aplicación para dispositivos móbiles e foi desenvolvida polo CSIC e dous dos seus centros: o Real Xardín Botánico de Madrid (CSIC-RJB) e o Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA) das Illas Baleares. O proxecto contou ademais con financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Máis información: http://www.rjb.csic.es/jardinbotanico/jardin/contenido.php?Pag=106&tipo=noticia&cod=5217
Pe de paxina