14/06/16

Premios Galileo Másters 2016

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) participa no Concurso Europeo de Navegación por Satélite (European Satellite Navigation Competition - Galileo Masters), un concurso internacional de innovación que premia as mellores ideas no desenvolvemento de aplicacións orientadas ao mercado e baseadas en tecnoloxías de navegación por satélite. O certame, convocado pola Axencia Espacial Europea (ESA), ten de prazo de presentación de candidaturas até o vindeiro 30 de xuño e repartirá máis de 1 millón de euros en premios. Conta ademais cun premio rexional de Galicia e un premio especial no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados (UAVs) e as súas aplicacións no ámbito civil. Máis información: http://www.esnc.info/
Pe de paxina