31/05/16

Nova sesión das Regueifas de ciencia, nesta ocasión debaterán sobre o fuso horario

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O segundo debate de Regueifas de Ciencia terá lugar o venres 10 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela. Nel catro relatores debaterán sobre cambiar o fuso horario. Dous defenderán a postura a favor e outros dous defenderán a contraria. Neste caso, os relatores serán: Francisco Jorquera (Portavoz do Grupo Parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia) e José María Fernández-Crehuet (Coordinador Internacional de ARHOE e Profesor Doctor Internacional de Economía e Empresa na UDMA) no bando do si. E no bando do non: Jorge Mira (Catedrático Dpto de Fïsica Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e Divulgador Científico) e José María Martín Olalla (Profesor de Física da Universidade de Sevilla).
Pe de paxina