31/05/16

Degustaciencia: catas científicas de chocolate, aceite e café

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos (ICTAN) do CSIC, conta co financiamento de FECYT, organiza o proxecto de divulgación científica Degustaciencia, co obxectivo de amosar dunha maneira sinxela e participativa as bondades de alimentos cotiáns cando se toman en doses e condicións adecuadas. Con este propósito,o ICTAN acolle na súa sede (Madrid) unha serie de charlas, acompañadas dunha cata, nas que se darán as claves necesarias para aprender a consumir eses produtos de forma saudable. O martes 31 de maio, a xornada estará dedicada ao café; o mércores 1 de xuño, ao aceite; e o xoves 2, ao chocolate. Todas as actividades desenvolveranse de 10 a 12 da mañá e requiren de reserva previa (teléfono 915492300 ou correo uccientifica@ictan.csic.es).
Pe de paxina